De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 12150100/2009 (Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009).
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.
Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación da resolución, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.
Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2011 relativa ao expediente de subvención núm. 12150100/2009.
Interesado: Fernándo Álvarez Pardiñas Romero.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Xeneral Pardiñas, 17, piso 4.º K, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).