Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da contratación do servizo de limpeza dos CPI dependentes desta consellería (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.

c) Número de expediente: ED-01/2012-DXCRH.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas dos CPI especificados en cada lote.

c) División por lotes e número de lotes: si. 4 lotes.

d) Lugar de execución: nos CPI especificados en cada lote.

e) Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de setembro de 2012 ata o 31 de agosto de 2014.

f) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría B.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o importe neto do contrato é de 1.914.335,17 euros máis 344.580,33 euros que corresponden ao 18% do IVE, o que supón un importe total de 2.258.915,50 euros, cuxa distribución por lotes é a que se indica no punto 2.2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n. 15781 - Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 65 18.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17335

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: o prazo de presentación das proposicións finalizará o día 27 de abril de 2012.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1.ª) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 42) no mesmo día.

2.ª) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3.ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do/s adxudicatario/s.

10. Data de envío deste anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 28 de marzo de 2012.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria