Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 16 de marzo de 2012, do recadador de zona de Lugo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (López Berao, Marcos e tres máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona de Lugo, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que no lles puido ser notificada os interesados maila os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se cita tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde 30, Lugo) no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 16 de marzo de 2012.

Roberto Vázquez Fermoso
Recadador de zona de Lugo

ANEXO

Interesado

NIF

Data dilixencia

Obxecto dilixencia

López Berao, Marcos

34265193T

1.3.2012

Not. poxa

Pereira da Silva, Joao Carlos

X7391557R

1.3.2012

Not. poxa

Salgado Onega, Fernando

33328630C

1.3.2012

Not. poxa

Salgado Onega, Fernando

Not.: Fernando Salgado Rodríguez (NIF 33785320-E)

33328630C

1.3.2012

Not. poxa