Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12077

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 21 de maio de 2010 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas por este instituto durante o primeiro trimestre de 2010.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG número 101, do 31 de maio de 2010, procede facer a seguinte corrección:

– Na páxina 9705, no anexo I, engádense os seguintes beneficiarios:

Norma reguladora:

Resolución do 6 de febreiro de 2009 (DOG n.º 29, do 11 de febreiro) pola que se lle dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras da convocatoria para o exercicio 2009 de 25 bolsas de promoción exterior.

Finalidade:

Estas bases diríxense a formar especialistas no ámbito internacional á vez que realizar prácticas encamiñadas á captación de investimentos e expansión exterior da empresa galega, tales como detección de potenciais investidores estranxeiros cara a Galicia, busca de oportunidades de negocio e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria
01.04.E3/20/03.651800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

N.º de expediente

Nome/razón social

Data resolución

Importe bolsa (euros)

PR006.2009.1.105

Fernández Bellas, Beatriz

2.1.2010

24.400,00

PR006.2009.1.205

Arribas Dávila, Patricia

2.1.2010

30.456,49

PR006.2009.1.74

Guntiñas Paredes, Alejandro

1.2.2010

24.498,22