Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2011/104-2, 7940 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T.S. e R.B.T.S. para subministración eléctrica na avda. Juan Navia Castrillón-r/ Alonso Pérez.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

– Desprazamento dun tramo da L.M.T.S. con orixe no C.T.C. 12776 Of BEGASA e final no C.T.C. instalará o abonado na avda. Juan Navia Castrillón-r/ Alonso Pérez (expediente 7886-A.T.), cunha lonxitude de 18 metros de condutor existente tipo R.H.Z.-150.

– L.M.T.S. a 20 kV, con orixe no C.T.C. que instalará o abonado na avda. Juan Navia Castrillón-r/ Alonso Pérez (expediente 7886-A.T.) e final no C.T.C. 14599 edificio Europa, cunha lonxitude de 60 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

– R.B.T.S. formada por tres circuítos, con orixe no cadro de baixa do C.T.C. que instalará o abonado na avda. Juan Navia Castrillón-r/ Alonso Pérez (expediente 7886-A.T.) e final nas CXP do edificio que se vai electrificar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 8 de marzo de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo