Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2012/25-2, 7996 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Inmo Xerion, S.L.

Domicilio social: r/ Enrique Mariñas Romero Periodista, 18, 8.º C, 15009 A Coruña.

Denominación: canalizacións eléctricas para L.M.T.S. e C.T.C. para subministración eléctrica na r/ do Porto, s/n.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

– Canalización soterrada mediante apertura e peche de gabias de canalización e instalación de catro tubos de diámetro 160 mm e un tubo de diámetro 63 mm, con orixe nunha arqueta existente na avda. Ramón Canosa e final no C.T. proxectado na r/ do Porto, cunha lonxitude de 172,3 metros, para cesión á compañía distribuidora.

– C.T. en edificio non prefabricado situado na r/ do Porto s/n, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

– Canalización soterrada mediante apertura e peche de gabias de canalización e instalación de dous tubos de diámetro 160 mm, en previsión de soterramento de redes de baixa tensión existentes propiedade da compañía distribuidora, cunha lonxitude de 9 metros, para cesión á compañía distribuidora.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 28 de febreiro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo