Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12091

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2012, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de xestión de sistemas da información, pola que se comunica o aprazamento do comezo da lectura do terceiro exercicio da fase de oposición.

Por Resolución deste tribunal do 20 de marzo de 2012, convocáronse para a lectura pública o día 29 de marzo de 2012 os/as opositores/as indicados no anexo.

Debido á coincidencia do día sinalado coa folga xeral e para evitar posibles inconvenientes ás persoas convocadas para esa data, este tribunal acorda aprazar o acto de lectura pública dos/as aspirantes do anexo para o vindeiro día 12 de abril de 2012 no seminario B da Escola Galega de Administración Pública; rúa de Madrid, 2-4, de Santiago de Compostela, a partir das 16.00 horas.

As convocatorias dos/das aspirantes que deberán concorrer os seguintes días de lectura serán efectuadas no taboleiro de anuncios do lugar indicado anteriormente e na páxina web da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.

Jaime Barros Leboreiro
Presidente do tribunal

ANEXO

Apelidos e nome:

Pérez Pelayo, Javier.

Romero Quintáns, Tareixa.

Tella Dorrío, Nicolás.

Viso López, Freddy.