Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de xestión integral da indumentaria para o persoal inspector veterinario oficial en establecementos de carnes frescas (matadoiros) da Comunidade Autónoma de Galicia (AB-CON1-11-025).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-11-025.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo, reservado a centros especiais de emprego (disposición adicional sétima da Lei 30/2007, de contratos do sector público).

b) Descrición: servizo de xestión integral da indumentaria para o persoal inspector veterinario oficial en establecementos de carnes frescas (matadoiros) da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 98300000-6.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 192.999,96 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 128.666,64 euros. Importe total: 151.826,63 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20.2.2012.

b) Data de formalización do contrato: 1.3.2012.

c) Contratista: Fundosa Lavanderías Industriales, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 128.666,64 euros. Importe total: 151.826,63 euros.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos