Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Martes, 3 de abril de 2012 Páx. 11904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto de solicitude de licenza municipal de actividade para a construción de colectores xerais de saneamento e estación depuradora de augas residuais en Corrubedo, concello de Ribeira (expediente CO/0369/2011).

De conformidade co disposto na disposición adicional terceira do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de 20 días o expediente CO/0369/2011 co fin de que calquera interesado poida examinalo e, se é o caso, formular as alegacións que considere convenientes, en horas de atención ao público, na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e no concello de Ribeira (praza do Concello, s/n, 15960 Ribeira, A Coruña)

A Coruña, 6 de marzo de 2012.

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña