Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Loliña V e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro. Mediante escrito do 14 de outubro de 2011, Miguel Triñanes Barral solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Loliña V.
Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Orde do 10 de xaneiro de 2012, de delegación temporal de competencias nos órganos superiores e directivos da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Jorge González García (76812014-H), da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Loliña V.
Situación:
Cuadrícula n.º: 46.
Polígono: A.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 21-9-1979.
Actual titular: Miguel Triñanes Barral (76866227-C).
Novo titular: Jorge González García (76812014-H).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 20 de xaneiro de 2012.
P.D. (Orde 10.1.2012; DOG n.º 8, do 12 de xaneiro)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo