Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de vehículo con módulo autoportante-laboratorio equipado (expediente 7/12).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Domicilio: edificio de Xerencia, Servizos Centrais Campus As Lagoas, Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 7/12.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: vehículo con módulo autoportante-laboratorio equipado.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: dous lotes: Lote 1). Vehículo-laboratorio equipado. Lote 2). Módulo autoportante-laboratorio equipado.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: estación de Ciencias Mariñas na illa de Toralla en Vigo.

2) Localidade e código postal: Vigo 36331.

e) Prazo de entrega: 1 mes.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 340000-7 e CPA: 29.

3. Tramitación e procedimento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Prezo da oferta: 55 puntos.

2) Calidade técnica do equipo: 40 puntos.

3) Extensión da garantía: 5 puntos. De acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 135.999,72 €.

5. Orzamento base de licitación: Lote 1: a) Importe neto: 40.000 € + 7.200 € de IVE. Lote 2: a) Importe neto: 75.254 € + 13.545,72 €.

6. Garantías exixidas: Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: papel 3, sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas, Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas, Marcosende, 2.ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.000 euros.

11. Outras informacións: fondos Feder, fecha límite de xustificación de fondos: 31 de decembro de 2012.

Vigo, 13 de marzo de 2012.

P.D. (R.R. 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo