Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11439

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2012 pola que se aproba a dotación de provisións polas operacións de aval a concertar no ano 2012 ao abeiro das bases reguladoras da liña de avais do Igape para facilitar ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional, instrumentadas mediante convenio coas entidades colaboradoras (Plan Rebrote 2011).

Mediante Resolución do 6 de maio de 2011 publicáronse as bases reguladoras para a habilitación dunha liña de avais do Igape para facilitar ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional, instrumentadas mediante convenio coas entidades colaboradoras (Plan Rebrote 2011) (DOG n.º 93, do 13 de maio de 2011). Na convocatoria das citadas bases e de conformidade co artigo 37 da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, e de acordo coas indicacións da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, dotouse unha provisión para atender posibles fallidos.

Así mesmo, de conformidade co establecido no artigo 39 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, e das instrucións recibidas por parte da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, faise necesario dotar, no exercicio 2012, doutra provisión do 12% sobre o importe do risco máximo asumido, para atender os posibles fallidos das operacións que, aínda solicitadas dentro do prazo do citado Plan Rebrote 2011, se concerten neste exercicio.

Tendo en conta que o importe máximo de avais que se concederá no exercicio 2012 non superará 765.000 €, corresponde dotar unha provisión de 91.800 €.

Por todo o anterior, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Dotar unha provisión de 91.800 € con cargo á partida orzamentaria 08.A1.741A.89000, correspondente ao 12% do importe do risco máximo de avais que se van concertar durante o ano 2012, correspondentes ás solicitudes presentadas dentro do prazo establecido na Resolución do 6 de maio de 2011 pola que se lle dou publicidade ás bases reguladoras para a habilitación dunha liña de avais do Igape para facilitar ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional, instrumentadas mediante convenio coas entidades colaboradoras (Plan Rebrote 2011) (DOG n.º 93, do 13 de maio de 2011).

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica