Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11554

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de información pública sobre residencia canina en Neira de Abaixo.

Elena Fachal Pereira solicitou desta alcaldía licenza para residencia canina, no lugar de Neira de Abaixo (San Mamede de Ribadulla), deste termo municipal.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental (DOG número 126, do 1 de xullo), sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O expediente estará á disposición dos interesados no Departamento de Urbanismo os luns, mércores e xoves, das 8.30 ás 14.30 horas.

Vedra, 9 de marzo de 2012.

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde