Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11471

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 14 de marzo de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería do Medio Rural, mediante Orde do 3 de outubro de 2011 (DOG núm. 219, do 16 de novembro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 3 de outubro de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 219, do 16 de novembro).

Segundo. Declarar deserto o posto de traballo que se indica:

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Infraestruturas Agrarias.

Código: MR.C99.10.401.15001.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2012.

Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar