Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11473

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2012, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de subinspector sanitario, relativa á publicación do cadro de respostas definitivo e das puntuacións provisionais do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado por Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG núm. 149, do 5 de agosto).

Na sesión que tivo lugar o día 12 de marzo de 2012, o tribunal nomeado por Resolución do 11 de novembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos (DOG núm. 230, do 1 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na clase de subinspector sanitario, convocado por Resolución da Dirección de Recursos Humanos, do 27 de xullo de 2010 (DOG núm. 149, do 5 de agosto), e de conformidade co disposto nos números 6 e 7 da base sexta, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar o cadro definitivo de respostas e as puntuacións provisionais do primeiro exercicio da fase de oposición acadadas polos aspirantes presentados á clase de subinspector sanitario.

Segundo. Modificar, con base nas alegacións presentadas, no cadro provisional de respostas publicadas, as contestacións ás preguntas números 56 e 77 do primeiro exercicio, de maneira que as respostas correctas son as letras D e A, respectivamente.

Terceiro. Desestimar na súa totalidade o resto das reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. O cadro definitivo de respostas e a listaxe de puntuacións provisionais poderán consultarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Quinto. De existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida, os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o tribunal, no prazo de cinco días hábiles seguintes a esta publicación. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas do primeiro exercicio de oposición.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2012.

Carmen Gerpe Caamaño
Presidenta do tribunal