Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11475

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2012, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspector farmacéutico, relativa á publicación do cadro definitivo de respostas e das puntuacións provisionais do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado por Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG núm. 149, do 5 de agosto).

Na sesión que tivo lugar o día 15 de marzo de 2012, o tribunal nomeado por Resolución do 11 de novembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos (DOG núm. 230, do 1 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspector farmacéutico, convocado por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do 27 de xullo de 2010 (DOG núm. 149, do 5 de agosto), e de conformidade co disposto nos números 6 e 7 da base sexta, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar o cadro definitivo de respostas e as puntuacións provisionais do primeiro exercicio da fase de oposición acadadas polos aspirantes presentados a clase de inspector farmacéutico.

Segundo. Anular, de oficio, as preguntas números 51 e 58 do primeiro exercicio, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva números 91 e 92, respectivamente.

Terceiro. O cadro definitivo de respostas, a listaxe de puntuacións provisionais, así como a argumentación das anulacións das preguntas 51 e 58 poderanse consultar na páxina web do Servizo Galego de Saúde e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Cuarto. De existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida, os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o tribunal, no prazo de cinco días hábiles seguintes a esta publicación. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publique as puntuacións definitivas do primeiro exercicio de oposición.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2012.

Luis Cadórniga Valiño
Presidente do tribunal