Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2012, da Xerencia de Atención Primaria de Vigo, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de transporte de profesionais desde os PAC aos puntos onde se necesite a asistencia sanitaria.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Departamento de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: rúa Rosalía de Castro n.º 21-23.

3) Localidade e código postal: Vigo 36201.

4) Teléfono: 986 81 64 66.

5) Fax: 986 81 64 90.

6) Correo electrónico: xapvigo.contratación.administrativa@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-XPV1-12-007.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: transporte de profesionais dos centros de saúde de Ponteareas, O Porriño e Moaña aos puntos onde se necesite asistencia sanitaria.

c) División por lotes e número de lotes: si, tres lotes.

d) Lugar de execución: ver prego.

e) Prazo de execución: vinte e catro meses, desde a data de sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, ver prego.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 60130000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver punto 6.4. do prego que rexe a contratación.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 84.000,00. IVE (8%) 6.720,00. Importe total: 90.720,00.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe a súa constitución.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: ver prego, punto 5.3.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día contado desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Atención Primaria de Vigo.

2. Enderezo: rúa Rosalía de Castro n.º 21-23.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Dirección: rúa Rosalía de Castro, n.º 21-23, 8.º andar.

b) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

c) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Importe estimado máximo: 700,00 €.

10. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.

Viigo, 2 de marzo de 2012.

Francisco Javier Caramés Casal
Director xerente de Atención Primaria de Vigo