Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se notifica ás entidades Recreativos Raba, S.L. e Pemibe, S.L. a resolución do expediente que se relaciona, de declaración de caducidade dos expedientes de iniciación do procedemento de revogación de empresa operadora.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica doutras notificacións coas devanditas empresas non foi posible realizalas, por causa «domicilio descoñecido». Polo tanto, ao ignorarse o lugar para a práctica de notificacións, en aplicación do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase que se proceda á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.

Os interesados poderán examinar a resolución de caducidade completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma n.º 25-27 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a devandita resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, de conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada mediante a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Este recurso poderá interpoñerse ante esta dirección xeral ou ante a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

– Destinataria: Pemibe, S.L.

CIF: B-15116700.

Último enderezo coñecido: rúa Pascual Veiga, 58. 15011 A Coruña.

Data da resolución caducidade do expediente de iniciación do procedemento de revogación da empresa operadora: 6 de marzo de 2012.

Causa da resolución: falta de resolución dentro do prazo establecido polo artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

– Destinataria: Recreativos Raba, S.L.

CIF: B-15113921.

Último enderezo coñecido: praza do Concello, 1. 15960 Ribeira, A Coruña.

Data da resolución caducidade do expediente de iniciación do procedemento de revogación da empresa operadora: 6 de marzo de 2012.

Causa da resolución: falta de resolución dentro no prazo establecido polo artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.