Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Venres, 30 de marzo de 2012 Páx. 11520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2012 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas, mediante procedemento negociado con publicidade, sistema multicriterio e tramitación ordinaria, dos dous contratos mixtos de xestión indirecta de servizos portuarios e de prestación de servizos que se citan, non suxeitos a regulación harmonizada.

O presidente, actuando en nome e representación da entidade pública Portos de Galicia, segundo o previsto no artigo 6.3.a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, e en cumprimento do exixido no artigo 138.2 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, acorda dar publicidade ás adxudicacións definitivas, mediante procedemento negociado con publicidade e sistema multicriterio, dos seguintes contratos mixtos:

A. Xestión do servizo portuario de recepción de refugallos Marpol xerados por buques, da xestión do servizo de recolla de residuos perigosos nos terreos portuarios e da xestión do servizo de limpeza e recolla de residuos perigosos da lámina de auga, nos portos e instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia no sector norte.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección de Operacións.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: mixto de xestión indirecta de servizos portuarios e de prestación de servizos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo portuario de recepción de refugallos Marpol xerados por buques, da xestión do servizo de recolla de residuos perigosos nos terreos portuarios e da xestión do servizo de limpeza e recolla de residuos perigosos da lámina de auga, nos portos e instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia no sector norte.

c) Enderezo do anuncio de licitación no perfil do contratante de Portos de Galicia:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14689

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 165, do 27 de agosto de 2010.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade; sistema multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 280.100,00 euros, IVE excluído.

5. Adxudicación.

a) Data de adxudicación provisional do contrato: 7 de febreiro de 2012.

b) Data de adxudicación definitiva do contrato: 5 de marzo de 2012.

c) Contratista: Procesoil, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe adxudicación: 247.500,00 euros, IVE excluído.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

B. Xestión do servizo portuario de recepción de refugallos Marpol xerados por buques, da xestión do servizo de recolla de residuos perigosos nos terreos portuarios e da xestión do servizo de limpeza e recolla de residuos perigosos da lámina de auga, nos portos e instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia no sector sur.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección de Operacións.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: mixto de xestión indirecta de servizos portuarios e de prestación de servizos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo portuario de recepción de refugallos Marpol xerados por buques, da xestión do servizo de recolla de residuos perigosos nos terreos portuarios e da xestión do servizo de limpeza e recolla de residuos perigosos da lámina de auga, nos portos e instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia no sector sur.

c) Enderezo do anuncio de licitación no perfil do contratante de Portos de Galicia:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14690

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 165, do 27 de agosto de 2010.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade; sistema multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 411.050,01 euros, IVE excluído.

5. Adxudicación.

a) Data de adxudicación provisional do contrato: 7 de febreiro de 2012.

b) Data de adxudicación definitiva do contrato: 5 de marzo de 2012.

c) Contratista: Ingaroil, S.L.-Limpoil, S.L.U. (UTE).

d) Nacionalidade: española.

e) Importe adxudicación: 366.000,00 euros, IVE excluído.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia