De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante Resolución desta universidade do 27 de outubro de 2011 (BOE do 10 de novembro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7.ª da convocatoria.
Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín oficial del Estado. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 12 de marzo de 2012.
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
6
Código: |
DF1103-C12-765-TU-01 |
Corpo: |
titular de universidade |
Área de coñecemento: |
A-765 Química Orgánica |
Departamento: |
C12 Química Orgánica |
Centro de traballo: |
311 Facultade de Química-Vigo |
DNI: |
36151311-A |
Nome e apelidos: |
Carlos Silva López |
7
Código: |
DF1103-H03-370-TU-01 |
Corpo: |
titular de universidade |
Área de coñecemento: |
A-370 Filoloxías Galega e Portuguesa |
Departamento: |
H03 Filoloxía Galega e Latina |
Centro de traballo: |
301 Facultade de Filoloxía e Tradución-Vigo |
DNI: |
35.302.197-A |
Nome e apelidos: |
Xosé Soto Andión |