Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 11021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 5 de marzo de 2012 pola que se notifica o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 6 de outubro de 2011 que fixa o prezo xusto do predio número 1 sito en Moeche, relativo ao proxecto 00768 (expediente 2009/006115).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Rosalía Bello Hidalgo o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 6 de outubro de 2011, que fixa o prezo xusto do predio número 1, sito en Moeche, relativo ao proxecto 00768, expediente 2009/006115, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00768-L.M.T.A., C.T.I., R.B.T.A. Carracedo. Expediente IN407A 07/78. TM Moeche.

N.º de expediente: 2009/006115.

Persoa para notificar: Rosalía Bello Hidalgo.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial da Coruña.

Expropiado: Rosalía Bello Hidalgo.

Beneficiario: Unión Fenosa.

Predio n.º: 1.

Concello: Moeche.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do Xurado: 7.133,84 €.