De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlle mediante a presente cédula a Segundo González Paderne o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 2 de febreiro de 2012, que fixa o prezo xusto do predio número 43, sito en Guitiriz, relativo ao proxecto 00574, expediente 2008/004871, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2012.
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00574-reelectrificacion en Ferreira. Exp. 013/2005 A.T. TM Guitiriz.
N.º de expediente: 2008/004871.
Persoa a notificar: Segundo González Paderne.
Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Lugo.
Expropiado: Segundo González Paderne.
Beneficiaria: BEGASA.
Predio n.º: 43.
Concello: Guitiriz.
Provincia: Lugo.
Valoración resolución do Xurado: 509,16 €.