Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 11042

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan parcial Falcoa 11485/411.

A Xunta de Goberno local do Concello de Vigo, na sesión extraordinaria e urxente do 2 de febreiro de 2012, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan parcial S-34-R FALCOA, de iniciativa municipal, consonte a documentación elaborada por PETTRA, con data de febreiro de 2010.

Segundo. Ordenar a apertura dun período de información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos diarios de maior difusión da provincia, e notificar de forma individual e simultánea aos propietarios dos terreos afectados.

Terceiro. Publicar o acordo de aprobación inicial e apertura do período de información pública na páxina de internet municipal».

O expediente estará á disposición do público en xeral no departamento de Información de Urbanismo, situado na planta baixa do edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo (praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren pertinentes na súa defensa. O período de exposición pública entenderase desde a primeira publicación ata pasado o mes desde a última publicación.

Vigo, 14 de febreiro de 2012.

María del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos
e Grandes Proxectos