Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 11044

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de proposta de convenio (expediente 38957/422).

Promociones M. Casal Carreiro presentou na Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo proposta para sinatura de convenio regulador da cesión gratuíta do soto primeiro da edificación situada na avenida de Samil, número 63, con destino a prazas de garaxe, aparcadoiro de uso público, no ámbito da ordenanza 6, grao 4.º especial, do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (expediente 38957/422).

Negociado e subscrito o convenio con data do 17 de febreiro de 2012, de conformidade co artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), sométese a información pública por un prazo de vinte días mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal de maior difusión na provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para os efectos de que durante tal período poidan formularse as alegacións e suxestións oportunas.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na Oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, Vigo).

Vigo, 17 de febreiro de 2012.

María del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos
e Grandes Proxectos