De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados pola instrutora dos expedientes.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, 2, edificio administrativo Monelos, 8.º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 2 de marzo de 2012.
Jose Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: PES-CO-0064-2011-V.
Denunciado: Antonio Rubén Fernández Brea.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: ANI-CO-0033-2011-V.
Denunciado: David Cabo Cardinali (Circo Roy Cardinali).
Acto de notificación: proposta de resolución.