En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG n.º 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG n.º 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coas propostas efectuadas pola Confederación de Empresarios de Galicia, do 27 de febreiro de 2012, e pola Universidade da Coruña, do 7 de marzo de 2012,
DISPOÑO:
Artigo 1.
Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia José Luis Veiga Corral, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.
Artigo 2.
Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia Ángel Fernández Castro, e como membro suplente Gustavo Rego Veiga, en representación da Universidade da Coruña.
Santiago de Compostela, quince de marzo de dous mil doce.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente