Comerquet, S.L., presentou neste concello solicitude de licenza con expediente número 6305/11 para o acondicionamento de nave industrial para fabricación de etiquetas autoadhesivas, sita na parcela B-15, rúa D, do Polígono Industrial Lalín 2000, deste municipio de Lalín.
De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que poidan examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e poidan formular os interesados as alegacións que se consideren convenientes.
Lalín, 9 de marzo de 2011.
Xosé Crespo Iglesias
Alcalde