Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1.º, 27002 Lugo.
Denominación: reforma de C.T. Residencia 1 (6542).
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas:
– Reforma no C.T. Residencia 1 (6542) consistente en:
Obra civil: execución dun depósito de recollida de aceite, desmontaxe de embarrados, paramenta, ferraxes e anteparos, execución dun anteparo de protección do transformador, pintado do local, demolición dun tabique, instalación dunha chapa galvanizada e perforada para ventilación en ventá superior, enchedura do depósito de aceite e desmontaxe dun cadro de baixa tensión.
Obra eléctrica: instalación dun autotrafo de 25 kVA 400/270 V, tres celas de liña, unha de protección do transformador, circuíto de terra interior, circuíto de iluminación e protección, un armario e ampliacións de B.T. e pontes de media e baixa tensión.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.
Lugo, 5 de marzo de 2012.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo