Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2012 pola que se modifica a Resolución do 1 de marzo de 2012 pola que se anuncia a licitación, por lotes, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación urxente, dun contrato de servizos suxeito a regulación harmonizada, anteriormente modificada por Resolución do 8 de marzo de 2012.

No punto 5.b da Resolución do 1 de marzo de 2012, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 47, do 7 de marzo de 2012, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación urxente, da contratación por lotes dos servizos de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia, suxeita a regulación harmonizada, e modificada por Resolución do 8 de marzo de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 52, do 14 de marzo de 2012, disponse que o prego de prescricións técnicas xerais e particulares (PPT), o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o cadro de características do contrato (CCC) e os seus correspondentes anexos, poderanse obter no perfil de contratante, no seguinte enderezo:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17216.

Advertidos erros no contido do PPT e do CCC que rexerán a referida licitación, cómpre efectuar as seguintes modificacións nos devanditos documentos:

– Apróbase unha corrección do importe que figura na cláusula 21.2 do PPT, deixando sen efecto a cantidade de 22.100 euros, que se substitúe pola de 27.600 euros, segundo figura na nova redacción da devandita cláusula.

– Como consecuencia da anterior corrección, modifícase parcialmente o contido do anexo I do CCC (Modelos de ofertas económicas), deixando sen efecto o disposto no punto I.5 (Modelo de oferta económica do lote 5), e se engade un novo anexo I-bis do CCC, co novo Modelo de oferta económica do lote 5.

– Ao remate do primeiro parágrafo do punto 14.1.B/1 do CCC, relativo aos criterios de adxudicación cuantificables mediante xuizos de valor, engádese un novo parágrafo no que se listan diferentes aspectos da oferta técnica que serán valorados como melloras.

Así mesmo, pola presente resolución dáse publicidade á modificación parcial do contido do anexo II do CCC (prego específico de cláusulas administrativas particulares), pola que se deixa sen efecto o disposto na súa cláusula 2.ª, e se engade un novo anexo III do CCC, que recolle unha cláusula única relativa a Formato de facturación.

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia.Teléfono: 881 88 16 45.

2. Enderezo na internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=17216

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar por lotes, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, o contrato de servizos de referencia, que rematará ás catorce (14.00) horas do día 7 de maio de 2012.

– Data de apertura de ofertas: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados dende a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

– Data de envío do anuncio de modificación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 21 de marzo de 2012.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia