Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10580

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO sobre legalización de actividade en nave existente destinada a taller de mecanizado de metais no polígono industrial de Tremoedo.

Ramón Charlín Rodríguez solicita desta alcaldía licenza municipal para legalización de actividade en nave existente destinada a taller de mecanizado de metais, no polígono industrial de Tremoedo, parcela 1-7, Vilanova de Arousa, superficie 873 m2.

Cúmprese o disposto polo punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Sométese a información pública durante o período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Vilanova de Arousa, 23 de xaneiro de 2012.

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde