Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10481

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2012 pola que se corrixen erros na Resolución do 20 de febreiro de 2012, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Advertido un erro no anexo II da Resolución do 20 de febreiro de 2012, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios, publicada no DOG do 7 de marzo de 2012, procédese a efectuar a seguinte rectificación:

No anexo II onde di:

«Praza de catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: Filoloxía Inglesa.

Praza: 12/002.

Comisión titular.

Secretaria: Gilbert Maceda, María Teresa, catedrática de universidade, Universidade Nacional de Educación a Distancia -UNED-».

Debe dicir:

«Praza de catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: Filoloxía Inglesa.

Praza: 12/002.

Comisión titular.

Secretaria: Gibert Maceda, María Teresa, catedrática de universidade, Universidade Nacional de Educación a Distancia -UNED-».

A Coruña, 15 de marzo de 2012.

Xosé Luis Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña