Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 25 de xaneiro de 2012, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes (expediente DX-00079-I-2011).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar a imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegaren por escrito ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25% na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2012.

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.k.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción proposta

DX-00079-I-2011

7296-FMT

Axente de inspección LU/005

José Luis Arias Fernández

76899163-C

Trv. Novas-Atios, 23, 36400 O Porriño (Pontevedra)

Realizar transporte público en vehículo lixeiro, carecendo de autorización por non ter realizado o seu visado regulamentario.

10.5.2011; 13.01; N-VI; 543.800

Art. 141.31 LOTT, art. 140.1.2 LOTT, art. 198.31 ROTT, art. 197.1.2 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, art. 201.1.f) ROTT

1.501