Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10177

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Integración Económica Rexional e Políticas Comunitarias.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANACA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo o comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en integración económica rexional e políticas comunitarias pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 28 de febreiro de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en integración económica rexional e políticas comunitarias

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo e Católica Portuguesa.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

62

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

28

Créditos totais

90

Cadro 2. Materias, créditos e módulos.

Materia

ECTS

Carácter

Curso

Módulo

Teorías da Integración Económica Rexional

6

Obrigatorio

1.º

Teoría e Procesos de Integración Rexional

A Organización Económica a través do Tempo e do Espazo: Globalización, Estados-Nación e Poderes Rexionais e Locais

6

Obrigatorio

O Proceso Histórico de Integración Europea

4

Obrigatorio

Os Procesos Históricos de Integración en Latinoamérica

4

Obrigatorio

Institucións, Sistema de Goberno e Procesos de Decisión na UE

4

Obrigatorio

1.º

O Modelo de Integración Europea e as Políticas Comunitarias

Política Económica e Orzamentaria

4

Obrigatorio

Política Monetaria e UEM

4

Obrigatorio

As Políticas Comunitarias de Primeira Xeración (PAC, Rexional, Social)

8

Obrigatorio

As Políticas Comunitarias de Segunda Xeración (Enerxía, Ambiente, I+D+i)

6

Obrigatorio

Mercosur, Unasur, Comunidade Andina e NAFTA: Programas e Realizacións

6

Obrigatorio

1.º

Integración Económica Rexional en América Latina

Perspectivas de Integración Rexional en América Latina e Relacións coa UE, os EUA e BRIC

6

Obrigatorio

Inglés Instrumental

4

Obrigatorio

1.º

Inglés Instrumental

Traballo Fin de Máster

28

Obrigatorio

2.º

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en integración económica rexional e políticas comunitarias, o alumnado deberá superar os 90 ECTS de que consta o máster.