Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2012/30-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L. Elemol.

Domicilio social: avda. Pontevedra, 14 baixo, 36201 Ponte Caldelas.

Denominación: saídas de media tensión a subestación A Reigosa.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: L.M.T. subterránea de 80,5 metros desde a subestación A Reigosa ata o C.T.-PR1 e L.M.T. subterránea de 2×91,5 metros desde a subestación A Reigosa ata o C.T.-PR2. O condutor das liñas é R.H.Z.-1 e a tensión é de 20 kV. As instalacións están situadas na zona oeste do parque empresarial da Reigosa, Ponte Caldelas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de febreiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra