Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo consistente nos traballos de análise, deseño e desenvolvemento que permitan a evolución dos contornos web da Consellería de Facenda.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: A12-007.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente nos traballos de análise, deseño e desenvolvemento que permitan a evolución dos contornos web da Consellería de Facenda.

c) CPV: 72212220-7.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 13.1.2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 190.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 190.000,00 euros. Importe total: 224.200,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24.2.2012.

b) Data de formalización do contrato: 1.3.2012.

c) Contratista: Balidea Consulting & Programing, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 152.000,00 euros. Importe total: 179.360,00 euros.

e) Ventaxas da oferta adxudicataria: oferta máis ventaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2012.

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable