Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2012 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación do servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade Os programas operativos FSE Galicia 2007-2013 (cofinanciado polo Programa operativo FSE de Galicia 2007-2013 nun 80%, no eixe 5 asistencia técnica do Programa operativo FSE, tema prioritario 86).

A Consellería de Facenda anuncia o procedemento aberto para a contratación do servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade Os programas operativos FSE Galicia 2007-2013.

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: 8/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade Os programas operativos FSE Galicia 2007-2013.

c) Prazo de execución:

– De 10 días desde a sinatura do contrato para os traballos de creatividade e deseño da campaña.

– Un mes desde a entrega do deseño da campaña para as insercións de publicidade en medios.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento noventa mil seiscentos setenta e sete euros con noventa e sete céntimos (190.677,97 €), IVE excluído.

b) IVE: trinta e catro mil trescentos vinte e dous euros con tres céntimos (34.322,03 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 11.250 €, que corresponde ao 5% do importe do orzamento base de licitación (incluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Control Orzamentario, Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, n.º 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 41 34/981 54 41 40.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17250

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría B.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido nas cláusulas 5 e 6 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas epígrafes F e G da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as dezanove (19.00) horas, ou as catorce (14.00) horas os sábados, do décimo quinto día natural, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na Oficina do Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, n.º 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, faranse públicas no perfil do contratante as convocatorias das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17250

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2012.

P.D. (Orde do 9.1.2012)
M.ª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda