Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9841

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 28 de febreiro de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

   60

Optativas

   42

Prácticas Externas

   12

Traballo Fin de Máster

    6

Créditos totais

120

Cadro 2. Materias, créditos e módulos.

Materias

Créditos

Carácter

Curso

Módulo

Dirección Económico-Financeira das Empresas Turísticas

4,5

Obrigatorio

1.º

Xestión de Organizacións Turísticas

Dirección Comercial das Empresas Turísticas

4,5

Obrigatorio

Dirección Estratéxica dos Recursos Humanos nas Empresas Turísticas

4,5

Obrigatorio

Dirección da Calidade e dos Procesos nas Empresas Turísticas

4,5

Obrigatorio

Creación e Comercialización de Produtos e Paquetes Turísticos

3

Obrigatorio

1.º

Deseño de Produtos

Promoción de Produtos Turísticos

3

Obrigatorio

Modelos de Planificación de Destinos Turísticos

4,5

Obrigatorio

1.º

Planificación de Destinos

Políticas Turísticas, Implantación e Avaliación

4,5

Obrigatorio

Actuacións Públicas e Privadas de Apoio a Iniciativas Turísticas

4,5

Obrigatorio

Estratexias de Desenvolvemento Turístico Sustentable

4,5

Obrigatorio

Métodos Cuantitativos Aplicados ao Turismo

3

Obrigatorio

1.º

Métodos e Técnicas de Investigación

Novas Tecnoloxías Aplicadas ao Turismo

3

Obrigatorio

Contexto Socioeconómico e Innovación Turística

4,5

Obrigatorio

1.º

Complementario

Comportamento do Consumidor Turístico

3

Obrigatorio

Dirección Estratéxica das Organizacións Turísticas

4,5

Obrigatorio

Investigación de Mercados Turísticos

4,5

Optativo vinculado de especialidade

2.º

Especialidade en Turismo Interior e de Saúde

(Universidade de Vigo)

Réxime Xurídico das Empresas Turísticas: Lexislación Especial

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Comercialización do Turismo de Saúde

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Turismo Termal

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Turismo de Interior

6

Optativo vinculado de especialidade

Efectos da Actividade Económica nos Sistemas Produtivos Locais

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Avaliación Específica do Potencial Turístico de Interior

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Patrimonio Natural e Ordenación do Territorio

3

Optativo

Aspectos Sanitarios do Termalismo

3

Optativo

O Establecemento Termal

3

Optativo

Proxecto de Aproveitamento e Augas Embotelladas

3

Optativo

Conferencias de Expertos en Turismo

2

Obrigatorio

Prácticum

(Universidade de Vigo)

Máster-Tese

6

Obrigatorio

Prácticas

10

Obrigatorio

Comercialización de Destinos Turísticos

4,5

Optativo vinculado de especialidade

2.º

Especialidade en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas.

(Universidade de Santiago de Compostela)

Dereito do Traballo e da Seguridade Social para Empresas Turísticas

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Dereito Turístico

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Economía do Turismo

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Investigación de Mercados Turísticos

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Ordenación do Territorio en Destinos Urbanos

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Xestión de Operacións de Empresas Turísticas

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Xestión do Patrimonio Urbano: Interpretación e Análise

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Comercialización Estratéxica de Cadeas Turísticas

3

Optativo

Dereito Privado da Contratación e do Consumo no Sector Turístico

3

Optativo

Programación en Centros e Contedores Culturais

3

Optativo

Tendencias Internacionais no Turismo Urbano

3

Optativo

Conferencias de Expertos en Turismo

2

Obrigatorio

2.º

Practicum

(Universidade de Santiago de Compostela)

Máster-Tese

6

Obrigatorio

Practicas

10

Obrigatorio

A Calidade do Destino

3

Optativo vinculado de especialidade

2.º

Especialidade en Xestión de Destino e Novos Produtos Turísticos (Universidade da Coruña)

Análisise Cuantitativa da Actividade Turística

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Aplicación Práctica dos Modelos de Planificación Turística

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Creación de Publicidade e Marcas Turísticas

4,5

Optativo vinculado de especialidade

Xestión de Plans de Desenvolvemento Turístico

3

Optativo vinculado de especialidade

A Innovación no Turismo. Novos Produtos

2

Optativo

Análise de Prácticas Deportivas e Recreativas para o Lecer e o Turismo

3

Optativo

Bens Patrimoniais e Turismo Cultural: Interpretación do Patrimonio e Turismo

4,5

Optativo

Dirección Integrada de Deporte, Lecer e Turismo

3

Optativo

Economía do Lecer e do Deporte

3

Optativo

Pemes Turísticas

3

Optativo

Problemas Ambientais e Turismo: Aspectos Científicos

3

Optativo

Recursos e Paquetes Turísticos en Internet

4,5

Optativo

Servizos de Saúde e Turismo

3

Optativo

Turismo Gastronómico e Enolóxico

2

Optativo

Economía do Turismo

4,5

Optativo

Turismo de Congresos e Convencións

4,5

Optativo

Turismo no Espazo Litoral

3

Optativo

Conferencias de Expertos en Turismo

2

Obrigatorio

2.º

Prácticum

(Universidade da Coruña)

Máster-Tese

6

Obrigatorio

Prácticas

10

Obrigatorio

Para a obtención do título de máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo, o alumnado deberá superar os 78 ECTS comúns ás tres especialidades (incluídas as Prácticas e o Traballo Fin de Máster) e 42 ECTS optativos (nos cales obrigatoriamente terán que figurar os correspondentes ás materias optativas vinculados de especialidade).