O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 3.ª, remitiu a esta Administración un oficio polo cal se solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7051/2012, interposto por Tomás Pena Castelo contra a Resolución do 14 de novembro de 2011, desestimatoria do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 31 de marzo de 2011, do director xeral do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (Parque Ofimático).
En consecuencia, acórdase nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao dito tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos citados, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administratrivo, Sección 3.ª, no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2012.
Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo