Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9682

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2012 pola que se convoca un curso sobre o manexo básico da motoserra para a intervención en situacións de emerxencia.

O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realicen algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.

Mediante a Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), onde se establece a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia: derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.

Dentro das actividades programadas para o ano 2012, e conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), anúnciase a convocatoria dun curso sobre o manexo básico da motoserra para a intervención en situacións de emerxencia, con 10 edicións, conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: manexo básico da motoserra para a intervencin en situacións de emerxencia.

Tipo: curso.

Modalidade: presencial.

Horas lectivas: 20.

Prazas ofertadas: 14 por edición.

Edicións:

– Primeiro semestre: 5 edicións.

– Segundo semestre: 5 edicións.

Obxectivos: adquirir a formación necesaria para participar con seguridade en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou pólas de árbores desprendidas.

Contido:

a) As partes dunha motoserra e o seu funcionamento: grupo motor e órgano de corte.

b) Montaxe e desmontaxe das partes dunha motoserra.

c) Labores de mantemento e revisión dunha motoserra.

d) Técnicas seguras de corta de pés de árbores, derrama e tronza.

e) Prácticas de apeo de árbores, derrama e tronza.

2. Destinatarios/as e requisitos de participación.

Destinatarios/as: o curso vai dirixido ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil e ás/aos profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida Grumir e outros servizos municipais de intervención en emerxencias).

Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Requisitos de participación: para seren admitidos, os solicitantes deben ter realizado o curso básico de protección civil antes do inicio do curso.

As/os solicitantes seleccionadas/os deben acreditar a súa categora profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da persoa responsable da agrupación ou da/do xefa/e de persoal do concello.

3. Solicitudes de participación.

a) Prazos para a presentación de solicitudes:

• Edicións do primeiro semestre: 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

• Edicións do segundo semestre: do 1 de xuño ao 31 de xullo de 2012.

Se o último día de calquera dos dous prazos fose inhábil, entenderanse prorrogados ao primeiro día hábil seguinte.

b) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp: http://agasp.xunta.es. Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

c) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

d) É conveniente consignar no formulario de solicitude un número de teléfono móbil co fin de poder realizar as notificacións necesarias.

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, que non se axusten ao formulario de solicitude ou que sexan presentadas fóra de prazo.

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, que poden encontrar no enderezo da internet: http://agasp.xunta.es

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporán de instrucións de axuda que deben ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 12, 886 20 61 38 e 886 20 61 37, do fax: 886 20 61 23 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

5. Criterios de selección do alumnado participante.

As prazas distribuiranse da seguinte forma: 50% para os profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida Grumir e outros servizos municipais de intervención en emerxencias) e 50% para os voluntarios dos servizos municipais de protección civil. Se non houbese solicitudes suficientes de algún deses colectivos, as prazas correspondentes cubriranse con solicitantes do outro.

Na selección dentro de cada un dos grupos anteriores reservarase o 50% das prazas para as solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 37.bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. De non existir suficientes solicitudes de participación de mulleres, as prazas sobrantes acrecentarán as da quenda xeral.

No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisitos nalgún curso, poderase completar o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, con suficiente antelación para que teña lugar unha adecuada selección das novas persoas candidatas.

6. Publicación das relacións do persoal seleccionado.

A Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es as solicitudes de participación que resultaren seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A dita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrnico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 23.

Noutro caso, serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúnan os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp).

7. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: faranse dúas edicións na Academia Galega de Seguridade Pública (avda. da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra) e dúas en cada provincia de Galicia.

Se a Agasp considera que o número de solicitudes nunha edición ou provincia é insuficiente para unha adecuada selección de participantes, poderá realizar esa edición en calquera das outras.

A localización concreta de cada edición anunciarase coa suficiente antelación.

Datas:

1.º semestre:

Edición

Datas

Lugar

1.ª

14 e 15 de abril

Agasp

2.ª

21 e 22 de abril

Provincia da Coruña

3.ª

28 e 29 de abril

Provincia de Lugo

4.ª

5 e 6 de maio

Provincia de Ourense

5.ª

23 e 24 de xuo

Provincia de Pontevedra

2.º semestre:

Edición

Datas

Lugar

6.ª

27 e 28 de outubro

Agasp

7.ª

3 e 4 de novembro

Provincia da Coruña

8.ª

10 e 11 de novembro

Provincia de Lugo

9.ª

17 e 18 de novembro

Provincia de Ourense

10.ª

24 e 25 de novembro

Provincia de Pontevedra

Horario: mañá e tarde, 10 horas por día.

Certificado de aproveitamento: ao remate da actividade entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a sa participación continuada e superen a proba final.

8. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

9. Faltas de asistencia.

O Regulamento de réxime interior da Agasp, mencionado na base núm. 8 desta convocatoria, regula no seu artigo 16 as faltas de asistencia nos cursos:

1. A asistencia ás clases e actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria. As faltas que as/os alumnas/os acumulen deben xustificarse debidamente, penalizándose disciplinariamente, en caso contrario.

2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10% das clases do curso de formación, será declarado non apto, e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita.

De ser necesario, e só nos casos en que a inasistencia ás clases estivese motivada por accidente ou lesión sufridos con ocasión da actividade académica, o/a director/a xeral poderá considerar a conveniencia ou a oportunidade de permitirlle ao/ alumno/a poder recuperar ata un determinado número de horas e participar posteriormente nun exame extraordinario para poder superar o curso sen ter que repetilo.

3. No entanto, aínda que as ausencias acumuladas non chegasen á porcentaxe sinalada, a/o alumna/o poderá verse obrigado a recuperar todas ou parte das horas perdidas ao longo do curso. Neste caso, a xefatura de ensino proporá ao/á director/a xeral o número de horas que se van recuperar, tendo en conta, en cada caso concreto, o tipo de xustificación presentada para cada ausencia, así como o número total destas e o comportamento e a actitude da/do alumna/o ao longo do curso.

10. Financiamento da actividade.

Esta actividade está cofinanciada nun 80% polo Fondo Social Europeo dentro do Programa operativo Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013, no eixe 3, tema prioritario 72.

11. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 13 de marzo de 2012.

José Carlos García Bouzas
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública