Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9811

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de licitación pública.

Anuncio de licitación para contratar con procedemento aberto o servizo de xardinería, mantemento, conservación e mellora do xardín municipal do concello das Pontes de García Rodríguez.

Prezo do contrato: 122.039,13 euros (103.422,99 euros + 18.616,14 euros de IVE).

Prazo de execución: dous (2) anos prorrogables un ano máis.

Presentación de ofertas: o prazo será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Documentación: os pregos facilitaranse no rexistro xeral e estarán dispoñibles no perfil do contratante do órgano de contratación no enderezo www.aspontes.com.

As Pontes de García Rodríguez, 6 de marzo de 2012.

Valentín González Formoso
Alcalde