Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 8 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Alonso Couto, M. Jesús e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible efectuar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda de Vigo, con enderezo na rúa Concepción Arenal n.º 8, 3.º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 8 de marzo de 2012.

Julio Pedrosa Vicente
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Interesado

Órgano
tramitador

Procedemento

NIF/CIF

Nome

36048461D

Alonso Couto, M. Jesús

SI

ISD

Acordo-Resolución expediente sancionador

Expte.: Z 44/12

Exercicio 2006

10071924V

Manrique Rodríguez, Orlando

SI

ISD

Inicio actuacións inspectoras de comprobación e investigación

Expte.: S 2311/08

Exercicio 2007

– Órganos tramitadores:

SI: Servizo de Inspección.

– Procedemento:

ISD: imposto de sucesións e doazóns.