Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 2 de marzo de 2012, do recadador de zona de Vigo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Esteves Antonio Manuel e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázanse os interesados, ou aos seus representantes, que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Zona de Recadación de Vigo, con enderezo na rúa Areal n.º 62, local 3, en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 2 de marzo de 2012.

Javier Sánchez García
Recadador de zona de Vigo

ANEXO

Interesado

Data

Concepto

NIF/CIF

Nome

X0679677G

36033828G

Esteves Antonio Manuel

Lorenzo Cambeses María Lourdes (cónxuxe)

9.2.2012

Providencia de poxa

B36958999

Metro Cuadrado Planificación y Gest.

9.2.2012

Providencia de poxa

B36921195

Moviliza Gestión Inmobiliaria, S.L.

9.2.2012

Providencia de poxa