Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9468

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Comercio Internacional.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Comercio Internacional pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 28 de febreiro de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Comercio Internacional

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

54

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

A Contorna Internacional

9

Obrigatorio

Fundamentos do Comercio Internacional

Xestión de Operacións Internacionais

6

Obrigatorio

Marketing Internacional

9

Obrigatorio

Financiación Internacional

6

Obrigatorio

Aplicacións Informáticas no Comercio Exterior

6

Obrigatorio

As Novas Tecnoloxías Aplicadas ao Comercio Internacional

Os Mercados Electrónicos

9

Obrigatorio

Inglés Comercial

9

Obrigatorio

Inglés Comercial

Traballo Fin de Máster

6

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Comercio Internacional, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.