Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo, suxeito a regulación harmonizada, para a tramitación técnico-administrativa de propostas de clasificación, normas de explotación, plans de emerxencia e outros documentos relacionados coa seguridade de presas e encoros no ámbito territorial de Galicia-Costa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública empresarial Augas de Galicia, ente público adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.188.316.SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaorganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao dito perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través da http://www.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: tramitación técnico-administrativa de propostas de clasificación, normas de explotación, plans de emerxencia e outros documentos relacionados coa seguridade de presas e encoros no ámbito territorial de Galicia-Costa.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 7131000-1.

d) Data e medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea número S135, do 16 de xullo de 2011; Boletín Oficial del Estado número 180, do 28 de xullo de 2011; e Diario Oficial de Galicia número 142, do 26 de xullo de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 674.842,34 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 337.421,17 euros. Importe total: 398.156,98 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de decembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 23 de febreiro de 2012.

c) Contratista: Ain Active, S.L.

d) Importe o canon de adxudicación. Importe neto: 285.169,49 euros. Importe total: 336.500,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012.

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG n.º 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia