De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan os trámites de audiencia dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.
Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentaren ante a xefatura de coordinación as alegacións que xulguen pertinentes.
Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar-Vigo, rúa Concepción Arenal, 8.
N.º de expediente: PESAN1 2011/001106-5.
Denunciada: Antonia Juncal Rodríguez.
DNI: 73240547Z.
Enderezo: rúa Miranda, 185, Moaña (Pontevedra).
N.º de expediente: PESAN1 2011/001151-5.
Denunciado: Manuel E. Boubeta Bermúdez.
DNI: 35254390J.
Enderezo: A Bouza, n.º 12, Moaña (Pontevedra).
Vigo, 2 de marzo de 2012.
Manuel Lago Molares
Instrutor