Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 24 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se notifica a resolución dunha subvención tramitada por este centro directivo.

O interesado que se inclúe na relación anexa solicitou unha subvención, tramitada por este centro directivo, dirixida aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza, información, cobramento e localización nos seus vehículos (Orde do 21 de decembro de 2010, DOG do 31 de decembro). Porén, segundo consta no expediente, intentada a notificación da resolución no enderezo indicado para o efecto polo interesado, esta non se puido efectuar. En consecuencia, e de acordo co disposto polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase facer a notificación por medio de anuncios no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos dos concellos respectivos.

Os interesado poderá examinar a resolución completa na Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte (Dirección Xeral de Mobilidade), sita na Praza de Europa, 5 A, 2.º andar, Área Central, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a devandita resolución, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación; ou ben, alternativamente, poderá ser impugnada directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados do mesmo xeito.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2012.

Miguel Rodríguez Bugarín
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Orde do 21 de decembro de 2010 (DOG do 31 de decembro) pola que se
establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos
titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas
de seguranza, información, cobramento e localización nos seus vehículos

N.º expediente

Interesado

Último enderezo coñecido

Sentido da resolución

TAX-13/2011

Jesús Barreiro Castro

Avda. Cruceiro da Coruña, 54, 2.º,

15704 Santiago de Compostela

Outorgamento (1.500,000 €)