Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9324

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 23 de febreiro de 2012 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 9 de xaneiro de 2012 (DOG n.º 22, do 1 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servicios centrais do Servizo Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da mesma lei, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 9 de xaneiro de 2012 (DOG n.º 22, do 1 de febreiro).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se relacionan no anexo a esta orde.

Terceiro. O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Oliete Trillo, Paula.

DNI: 46903522-J.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Denominación do posto: subdirectora xeral de Xestión e Políticas de Persoal.

Dependencia: Dirección Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Castro Seijas, Mercedes.

DNI: 33262417-R.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Denominación do posto: subdirectora xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional.

Dependencia: Dirección Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Rúa Moure, María Jesús.

DNI: 33294191-N.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Denominación do posto: Servizo de Planificación.

Dependencia: Dirección Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Sampedro Morandeira, José Luis.

DNI: 33312794-P.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Denominación do posto: Servizo de Avaliación Económica, Dotación de Cadros de Persoal, Seguimento e Control Orzamentario.

Dependencia: Dirección Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.