Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9309

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 24 de febreiro de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 17 de xaneiro de 2012.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 17 de xaneiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia n.º 20, do 30 de xaneiro), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 17 de xaneiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia n.º 20, do 30 de xaneiro).

Segundo. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar os funcionarios que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente os funcionarios presten servizos, ou dun mes se radican en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidas aos interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que causen baixa os funcionarios, así como a daquel en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2012.

P.D. (Orde 22.9.2011, DOG n.º 192, do 6 de outubro)
Valeriano Martínez García
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO

Apelidos e nome: Folgueral Madrigal, Guillermo.

NRP: 4483377946 A2071.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: letrado/a.

Código: PR.201.00.000.15770.011.

Corpo/escala: xeral (escala de letrados).

Nivel: 28.

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela

Apelidos e nome: González Tato, Guillermo.

NRP: 5317857968 A2071.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: letrado/a.

Código: PR.201.00.000.15770.012.

Corpo/escala: xeral (escala de letrados).

Nivel: 28.

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Barcia Casanova, Juan Roberto.

NRP: 3328990813 A2071.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: letrado/a.

Código: PR.201.00.000.15770.013.

Corpo/escala: xeral (escala de letrados).

Nivel: 28.

Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.