Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9266

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO de convocatoria para a provisión de prazas de funcionarios.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 7 de data 10 de xaneiro de 2012, publícanse integramente as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura das prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2008 que a continuación se relacionan:

Persoal funcionario:

– Unha praza de auxiliar administrativo (a tempo parcial/20 horas semanais), grupo C2, escala de Administración xeral, subescala auxiliar, mediante o sistema de concurso-oposición, por consolidación de emprego.

– Unha praza de técnico medio (traballador/a social), grupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso-oposición, por consolidación de emprego.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e/ou no taboleiro de anuncios deste concello.

Alfoz, 10 de xaneiro de 2012.

Emilio Lousas Muíña
Alcalde