Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9268

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de modificación das bases do concurso de persoal laboral.

Por Resolución do concelleiro delegado de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación do 29 de febreiro de 2012 aprobouse a modificación das bases de convocatoria reguladora do concurso entre persoal laboral do Concello para a provisión do posto de traballo de oficial de obras, e xa que logo a modificación do anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia do 19 de xaneiro de 2012, que queda como segue:

O Boletín Oficial da provincia de A Coruña, número 4, do 5 de xaneiro de 2012, publica as bases da convocatoria de concurso entre persoal laboral para prover o seguinte posto:

Denominación do posto: oficial de obras.

Réxime: laboral.

Grupo: equivalente a outras agrupacións profesionais.

Complemento de destino: (nivel 14) 3.814,20 euros.

Complemento específico: 4.117.77 euros.

O Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 46 do 7 de marzo de 2012, publica a modificación da base terceira no que se refire ao prazo de presentación de instancias, polo que este será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 7 de marzo de 2012.

Felipe Andreu Barallobre
Concelleiro delegado de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación